lunes, 23 de marzo de 2015

Xornada de "marisqueo" no Cernadas de Castro

Hoxe tivemos a visita de María del Carmen Pérez Hermida que nos amosou cómo é a labor dunha mariscadora. Foi apaixoante!



Nadadora de Noche de Gustav Klimt.

 Nesta avaliación @s nen@s de 1º e 2º de primaria estivemos aprendendo cousas sobre Klimt.

Para rematar o trimestre reproducimos un dos seus cadros "Nadadora de Noche". 
O primeiro que fixemos foi picar as estrelas, algúns de nós pensabamos que eran estrelas de mar e outros que eran estrelas do ceo.


Despois, pegamos papel charol prateado detrás de cada estrela.

 Logo miramos na pizarra dixital a lámina do cadro e  pintámolo utilizando as cores que aparecen no cadro. 
Por último pegamos pelo artificial sobre a cabeleira da moza.




Deixamos unha foto do resultado final.


sábado, 14 de marzo de 2015

Roteiro literario Avilés de Taramancos "Alma de beiramar"

Comezamos visitando o Museo do Mar de Noia por onde nos guiou Félix González, quen nos relatou a historia que liga Noia e Lousame co mar: Motores Ayón O Forte; marisqueo e tráfico marítimo. Tamén cal foi a relación de Antón Avilés co mar, utilizando poemas que leron Laura, Lucía, Eva e Alisa. Contounos quen era O Andruchoe vimos tamén a fotografía de Olga, o seu barco, ambos recordados nos poemas e textos de Avilés. Falounos da fauna mariña e dos especimes cos que conta o museo, tanto de cunchas, osos como de fósiles. Por último, levounos a bordo do seu barco co que tivemos que afrontar unha tempestade que puxo a proba as nosas aptitudes como mariñeiros/as.

Atracamos en porto seguro sans e salvos... e moi divertidos!
Despois fomos ata a sede da Editorial Toxosoutos e Gráficas Sementeira, onde nos recibiu D. Manuel González Millares, o seu xerente, quen nos amosou como se imprimían os libros antigamente, e como se fai hoxe en día. Agasallounos ademáis coa "Aproximación didáctia á obra de Antón Avilés de Taramancos" do que están a publicar a súa segunda edición.

Posteriormente o noso roteiro transcurriu polo centro de Noia, con parada na Praza do Tapal, onde lemos fragmentos dos artigos "Noia" e "Os tempos do wolfram" do libro recopilatorio Obra Viva 
Pasamos despois pola Tasca Típica, negocio que rexentara Avilés no seu retorno a Galicia, e alí esperábanos unha sorpresa: Santiago Avilés Baquero tivo a amabilidade de acercarse para falarnos da figura do seu pai e responder ás preguntas que sobre el lle fixemos.

Pola tarde, despois do xantar na Pizzería Venecia dirixímoso á última parte do noso roteiro: A visita ao Pazo Varela Radío onde as palabras do seu propietario D. Manuel Varela Uña guiáronnos dende as páxinas do seu libro ""De memoria. A fuerza de tiempo" do cal lemos un fragmento que describe a casa e a monumental entrada.
Manuela Suárez amosounos os xardíns: as palmeiras e araucarias, as dúas bidwilliis (ver 22F), os magnolios, camelias, satíns, fayas, loureiros etc... Deunos tempo a descansar nos miradores, cantando repichocas e lendo os artigos:  "Elexía de vellas árvores e antigos perfumes" e "O noso mar: unha leira que ninguén traballa" de novo do libro Obra Viva. Por último rematamos o roteiro coa lectura do poema "A Cerdeira" do libro Cantos Caucanos.


Creo que nos soubo a pouco, de modo que aquí vos deixo coa propia voz de Antón Avilés de Taramancos, quedan nas vosas mans os seus libros para que os gocedes.

O noso máis sinxelo agradecemento a Félix, Manuel, Goretti, Ángel, Óscar, Santiago, Veiras, Manuela e acompañantes polo seu apoio, o seu saber e o seu tempo.

viernes, 6 de marzo de 2015

Papeleira de reciclaxe do fondo do mar.

 @s nen@s de 3ºA de Primaria estamos moi interesados no tema do mar, por iso, este curso moitas das actividades que facemos na nosa aula teñen que ver con este tema.
Desta vez, fixemos unha papeleira para reciclar. Para fomentar a reciclaxe no cole decideuse que cada clase debía tunear unha caixa de cartón para gardar o papel que vai para reciclar.
Deixamos unhas fotos nas que se ve o proceso que seguimos para elaborar a nosa e o resultado que obtivemos.


Primeiro, cortamos tiras de papel de seda de tres azuis diferentes.
Mezclamos cola blanca con auga e coa axuda dun pincel fomos pegando as tiras na caixa.


 Despois, debuxamos algas sobre ironfix, recortámolas e pegámolas
 Tamén fixemos unhas letras para indicar que soamente debemos tirar papel dentro e non outras cousas.
Aquí tivemos que repartir o traballo, algúns de nós pintaron e outros pegaron e repasaron.








 Segidamente pegamos os peixes. Cada un de nós coloreara un peixe. 
Como somos dezaseis na aula a nosa papeleira ten dezaseis peixes ¡distintos!

Para rematar engadimos area polo fondo e algunhas cunchas.

Velaí o resultado final. Esperamos que vos guste.
En canto a nós, agora xa non nos esquecemos de onde temos que tirar o papel cando xa non nos serve.








lunes, 2 de marzo de 2015

Os nenos crean rimas

Os nenos de Infantil crearon este conto rimando e coloreando ao tempo que aprendían a contar e os nomes dos animais mariños.