Compás

Obxectivos:

Biblioteca:
- Mellorar a organización e realización dun PDI para o noso centro.
- Traballar en educación documental.
- Apoiar ao profesorado e alumnado no Plan Anual de Lectura.
- Mellorar a competencia dixital por medio da utilización de TICs.

Dpto. Francés:
- Aprender o vocabulario relacionado con mar e cos peixes.
- Ler diferentes textos relacionados con mares e océanos.
- Escoitar e cantar diferentes cancións relacionadas co tema do PDI.
- Mellorar a competencia dixital por medio da utilización de TICs.

Educación Infantil:
- Espertar interese polo mundo mariño.
- Fomentar actitudes de respecto e coidado cara o mar e valorar o que nos ofrece.
- Experimentar distintas formas de expresión e comunicación para representar o mar.

Departamento de Lingua Galega e Literatura:
   Achegarse á vida e a obra dos nosos escritores/as máis relacionados co mundo mariñeiro: Manuel Antonio, Rafael Dieste, Castelao, Avilés…
-  Coñecer o vocabulario das actividades relacionadas co mar e usalo  incorporándoo ao noso acervo léxico particular.
    -   Crear textos literarios propios (poemas, narracións…) de temática mariñeira.


Departamento de Inglés de Primaria:
-Adquirir en lingua inglesa as seguintes palabras e/ou estrutura lingüística “up”, “right”, left”, “realising”, “catching”,“ Let's clean Noia Estuary”.
-Desenvolver nocións matemáticas básicas de coordinación dalgunha letras do teclado co establecemento de movementos básicos: “ letra w = arriba”, “ letra s = abaixo”, “ letra a = esquerda” “ letra d=dereita”, “ letra n = collendo, “letra m = soltando”, co a finalidade que o alumnado poda levar a cabo a misión: limpar a Ría de Noia.
-Darse conta da necesidade de recollida de residuos na Ría de Noia, lembrarlles que a súa historia está vencellada ao cultivo dos berberechos “cockles”.
-Iniciarse no uso das tecnoloxías da información: programa “Scratch”.

Departamento Matemáticas:
- Estimación de superficies con forma fractal (irregular) mediante aproximacións sucesivas de áreas coñecidas, así como interpretación dos cálculos obtidos deducindo cal é a mellor aproximación a partires do cálculo dos erros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario